lunes, diciembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaVolta ao cole con normalidade no Porriño

Volta ao cole con normalidade no Porriño

O CEIP da Ribeira acolleu o tradicional acto de inauguración do curso escolar no municipio

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, acompañaron ao xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e aos directores e directoras dos centros educativos do Porriño no acto de inauguración do curso escolar no municipio.
Este ano, o acto realizouse no CEIP da Ribeira, en Torneiros, un centro que acolle a nenos e nenas das parroquias de Torneiros, Chenlo e Pontellas.
“Recuperamos a normalidade nas aulas tras dous anos marcados polas restricións da pandemia, os nenos e nenas poden verse as caras, xogar e abrazarse, con precaucións por suposto, pero poderán volver a ser nenos”, afirmou o alcalde, quen agradeceu aos profesores e profesoras “o enorme traballo que fixestes en momentos tan difíciles, tanto vós como as ANPAS. Gracias a vós todo foi máis sinxelo para eles e moito menos traumático”, apuntou.
O rexedor aproveitou para reiterar o apoio do Concello do Porriño aos equipos directivos. “Tedes a nosa man tendida para o que precisedes. Os nosos centros precisan moitas melloras e traballaremos para todas elas se leven a cabo”. Lorenzo quixo poñer en valor o labor da concelleira de Educación, Carolina González, que “compaxina a súa labor de docente coa de concelleira e traballa moi duro para atender todas as necesidades de todos os centros do Porriño, cunha máxima sempre: os nosos nenos e nenas merecen unha educación pública de calidade”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS