lunes, diciembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaCatro persoas detidas no Porriño por roubo

Catro persoas detidas no Porriño por roubo

Tres mozos foron detidos no centro urbano por un presunto delito de “roubo con forza nas cousas” e unha cuarta persoa en Torneiros por un presunto delito de furto

A Policía Local do Porriño informou da detención de catro persoas a pasada fin de semana no Porriño.
A primeira actuación policial desenvolveuse na noite do sábado 10 de setembro. Ás 05.25 horas unha patrulla da Garda Civil solicitaba a colaboración dos axentes tras saltar a alarma de roubo nun céntrico establecemento da vila. Unha vez no lugar, comprobaron as imaxes dos presuntos autores dos feitos nas cámaras de seguridade. Nelas distinguíase claramente a tres mozos dunhas características moi concretas, dos que ademais se tiña constancia de que intentaran abrir vehículos estacionados na vía pública en outra ocasión.
Tras montar un dispositivo conxunto coa Garda Civil de vixilancia estreita no centro urbano, localizaron a un dos mozos nas proximidades do pavillón municipal e, minutos máis tarde, a outros dous escondidos baixo dous turismos. Por todo isto, procederon á detención destas tres persoas por un presunto delito de Roubo con forza nas cousas, cuxas penas oscilan entre 1 e 3 anos de prisión.
A segunda intervención tivo lugar o domingo pola tarde nun dos Polígonos Residenciais de Torneiros. Unha persoa foi detida pola presunta comisión dun Delito de furto, tras subtraer a un veciño pertenzas por valor de 1050 euros. A vítima, denunciou que se esquecera nas escaleiras da súa vivenda un ordenador portátil e unha cazadora e que ao ir buscalo non estaba. O home viu saír a unha persoa cargada con bolsas cara un vehículo e, tras preguntarlle, este negou ter algo que ver co roubo, polo que alertou á policía. Tras persoarse no lugar localizaron no interior dun turismo o material roubado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS