Delfín Domínguez postúlase como candidato á alcaldía polo PSOE da vila do Tea.
A visita do alcalde de Vigo, Abel Cabellero, ao municipio que lle mirou nacer, Ponteareas, non deixou indiferente a ninguén. Decenas de veciños e de veciñas da localidade achegáronse ata o rexedor da cidade olívica para saúdalo e para, incluso, pedirlle sacar unha foto. Con todo, a visita de Caballero deixou un mandato aos seus compañeiros e compañeiras do PSOE: «Delfín Domínguez ten que ser o próximo alcalde de Ponteareas».
Pronunciouse así o rexedor diante dos compañeiros socialistas de Ponteareas e diante, tamén, do presidente provincial do partido, David Regades. «Entendo de alcaldías, que teño o mellor resultado en Europa nas grandes cidades, e Delfín Domínguez ten que ser o novo alcalde de Ponteareas» insistiu. «Ten que poñela na senda que se merece».
Dixo Caballero que non ía realizar declaracións sobre as «melloras ou non melloras de Ponteareas», en referencia ao proceso de peatonalización ou as obras na «plazuela». Con todo, incidiu na necesidade de que «Delfín sea alcalde, ten bo curriculum, é un fenómeno e o vai facer xenial».
Escoita aquí as declaracións completas de Abel Caballero:
Pola súa banda, o actual secretario xeral do PSOE en Ponteareas, Delfín Domínguez, explica que «calquera lle leva a contraria a Abel Caballero» e agradece «a confianza que deposita en mi». Conirma a Si Radio de Galicia que «si, a disposición para ser o candidato á alcaldía teñoa».Recoñece que «quero facer en Ponteareas o que Abel Caballero fai en Vigo»
Escoita as declaracións completas aquí: