miércoles, octubre 30, 2024
InicioComarcasLouriñaO púxil porriñés David Álvarez debuta este sábado

O púxil porriñés David Álvarez debuta este sábado

Protagonizará xunto con Ricardo Costa a pelexa de fondo na velada de boxeo que se celebrará no pavillón municipal.

O polideportivo municipal do Porriño acollerá este sábado, 10 de setembro, o debut como profesional do boxeador porriñés David Álvarez.
A velada comezará ás 20.30 horas cun amplo programa. Serán oito combates de categoría amateur con cruces entre boxeadores galegos e portugueses, entre os que se atopa o porriñés Quique Gambino que debuta tamén na casa. O broche de ouro poñerao o combate profesional no que Álvarez se medirá entre as cordas co lisboeta Ricardo Costa.
O púxil porriñés chega ao seu debut profesional amparado por unha sólida traxectoria amateur. Hai catro anos que deu o salto ao boxeo da man do seu mentor Seo Fernández, e tras sumar ao seu equipo ao preparador físico Manuel Jiménez –rector de La Vieja Escuela- , David acumulou medio centenar de pelexas e derrubou a unha quincena de adversarios. En 2021 logrou a medalla de bronce no Campionato de España de peso medio e en 2022 proclamouse subcampión. Tamén se fixo co prestixioso torneo Odivelas Box Cup.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, felicitou a David pola súa traxectoria e agradeceu que “elixira O Porriño para dar este paso tan importante na súa carreira. O Porriño síntese orgulloso de ti e ti demostras sentirte orgulloso do teu pobo. Alí estaremos acompañándote”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS