sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasO CondadoAs traballadoras do SAF de Ponteareas inician este xoves unha folga: "faremos...

As traballadoras do SAF de Ponteareas inician este xoves unha folga: «faremos os servizos mínimos»

Reclaman á empresa adxudicataria que lles aumente o prezo da kilometraxe que teñen que facer cos seus propios coches para chegar aos domicilios dos usuarios.

 

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas comenzan este xoves unha folga co obxectivo de «a ver se así nos escoitan». Levan meses reclamando á empresa adxudicataria que se lles aumente o prezo da kilometraxe que teñen que facer cos seus propios vehículos para chegar aos domicilios dos usuarios. Reclaman, tamén, que a empresa «cumpra co convenio».

A representante sindical Digna Cardoso explica para os informativos de Si Radio que «faremos os servizos mínimos e iremos aos domicilios a pé ou en bicileta, como sexa, pero non cos nosos coches porque non nolo podemos permtir». Escoita a entrevista completa aquí:

O concello de Ponteareas, pola súa banda, estuda sancións económicas á empresa que a propia adminsitración local lle adxudicou o servizo.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS