sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaFalece un operario na Cañiza ao caer dunha altura de tres metros

Falece un operario na Cañiza ao caer dunha altura de tres metros

O traballador tiña 51 anos e pertencía a unha empresa do Carballiño.

Un operario perdeu a vida na tarde deste luns no municipio da Cañiza sobre as 15:00 horas. O traballador, de 51 anos, caeu dunha escaleira de, aproximadamente, tres metros de altura. Os seus compañeiros realizaronlle manobras de reanimación e ao lugar acudiu tamén un helicóptero medicalizado e o 061 pero non se puido facer nada para salvarlle a vida. Sobre as 15:15 horas o 112 Galicia recibiu a notificación sobre o falecemento do operario. 

O home de 51 anos, que pertencía a unha empresa do Carballiño, atopábase realizando tarefas de reforma e acondicionamento nun local da rúa Progreso da Cañiza. Ao lugar acudiu un helicóptero medicalizado, facultativos do centro de saude do municipio así como unha ambulancia medicalizada. A Policía Local axudou nas manobras de aterrizaxe. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS