miércoles, octubre 30, 2024
InicioComarcasLouriñaAlfonso Pato será o pregoeiro das Festas do Cristo 2022

Alfonso Pato será o pregoeiro das Festas do Cristo 2022

O director do Festival de Cans será o encargado de dar o pistoletazo de saída das festas patronais do Porriño dende o balcón da casa consistorial, o sábado 24 de setembro

O director do Festival de Cans, Alfonso Pato, será o pregoeiro das Festas do Cristo 2022. Así o deu a coñecer hoxe o alcalde, Alejandro Lorenzo, poñendo nome ao protagonista do esperado pistoletazo de saída das festas patronais.
O rexedor quixo agradecer ao pregoeiro que aceptase a proposta do Concello para ser o persoeiro destacado destas festas. “Podemos dicir que Pato é un símbolo do noso pobo, tanto a nivel cultural como persoal; un porriñés de corazón e un grandísimo embaixador da nosa vila”, apuntou o alcalde. “Conta coa condición indispensable para subir ao balcón como pregoeiro: sentir paixón polo Porriño e levalo sempre por bandeira”.
Pola súa banda, Alfonso Pato, destacou que “é toda unha honra para min dar o pregón das Festas e máis aínda neste ano tan sinalado, no que o Festival de Cans cumpre 20 anos”.

Amplíase o prazo para inscribirse en `Tes talento?´
A Concellería de Cultura vén de ampliar o prazo para inscribirse no concurso musical “Tes Talento?”, que se celebrará este mes de setembro no marco das Festas do Cristo 2022.
A inscrición poderá formalizarse ata o 12 de setembro no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 9 a 14h.
Lembramos que haberá dúas modalidades, infantil e adultos. En ambas poderán presentarse grupos ata un máximo de catro compoñentes e o tempo de actuación será de tres minutos como máximo.
O gañador desta edición farase con 400 euros e a gravación dun tema ou vídeo promocional, o segundo cun premio de 250 euros e o terceiro cun de 150 euros. Para os tres finalistas infantís, un lote de produtos escolares e trofeo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS