A ría de Ribadeo rexistrou un desafortunado suceso cun bote de vela latina capitaneado por un grupo de mozos.
Aproveitando a marea alta penetráronse cara á desembocadura do río Grande, en Ribadeo, nunha zona moi próxima á vía do ferrocarril da costa.
A mala fortuna fixo que o mastro do barco, de carbono, rozase un cable de alta tensión da vía, o que provocou unha descarga eléctrica que electrocutó a un dos tripulantes.
O mozo, de 24 anos e veraneante habitual da vila lucense, morreu mentres era atendido no hospital de Jarrio.
Os mozos deron a voz de alarma e unha lancha acudiu no seu auxilio e axudoulles a chegar ao porto de Castropol, o máis próximo ao lugar do suceso, onde foi atendido pola UVI móbil do hospital de Jarrio.
Os efectivos médicos actuaron con rapidez para reanimar ao mozo en pleno porto, moi concorrido pola tarde asollada deste domingo.