domingo, noviembre 17, 2024
InicioComarcasLouriñaO Concello do Porriño renova o piso da escola de Mosende

O Concello do Porriño renova o piso da escola de Mosende

Instalarase tarima flotante nas dúas aulas cunha inversión de preto de 6.500 euros

O Concello do Porriño comezou os traballos de renovación do piso das aulas da Escola de Educación Infantil de Mosende.
Trátase dun edificio que, aínda que depende da Xunta, é de titularidade municipal, e a falta de mantemento dende hai anos fixo que as condicións non sexan as acaídas para que os nenos e nenas desenvolven as súas actividades.
Tal e como comprometera o rexedor Alejandro Lorenzo, o Concello está a cambiar o actual piso de lousa por tarima flotante para que os nenos e nenas poidan xogar con comodidade e en mellores condicións.
“Esta é unha das melloras que viñan reclamando dende hai anos xa que o pavimento actual non é adecuado para a utilización dos xogos e actividades que os nenos e nenas que acoden á escola desenvolven directamente no chan”, explicou o alcalde.
A fin de arranxar esta situación, instalarase un pavimento de tarima flotante nas dúas aulas, concretamente tarima flotante vinílica instalada sobre manta de cortiza de 2 mm en cada unha delas. As actuacións requiren unha inversión de preto de 6.500 euros que o Concello asume con fondos propios.
Cabe destacar que neste centro acometéronse xa varias melloras, como a reparación das filtracións da cuberta, a revisión do sistema de calefacción, pintado dos accesos e renovación da instalación eléctrica.
“Seguiremos atendendo as demandas deste e do resto dos centros educativos e estudando outras actuacións para mellorar todas e cada unha das nosas instalacións, sobre todos as que usan os pequenos e pequenas”, concluíu o alcalde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS