A partir de 2024 pagaremos por conducir polas autovías en España e Galicia será unha das autonomías máis perxudicadas
A medida afectará a máis de 9.000 quilómetros de estradas e Galicia estará entre as máis afectadas.
A A-6 é unha das seis autovías radiais de España e tamén a estrada máis usada para ir da Coruña a Lugo. A A-8 conecta Galicia co norte de España. Dous terzos da A-52, entre Benavente e O Porriño, transcorren por terreo galego.
Tamén a A-55 é o itinerario alternativo á autoestrada para entrar en Portugal e a A-75 a estrada máis empregada entre os veciños da raia.
De impoñerse este sistema de pago, a A-6 e a A-8 poderíanse converter nas estradas máis caras do Estado.
A estimación segundo os datos publicados polo Ministerio de Transportes é que desde A Coruña ata Madrid habería que pagar 6 euros de peaxe de autovías a maiores da autopista.
Igualmente o traxecto entre A Coruña e Lugo deixaría de ser gratuíto.