Está prohibido recoller mexillón do 80 por cento dos viveiros que hai en Galicia.
As últimas analíticas practicadas polo Intecmar, Instituto Tecnolóxicos para o Control do Medio Mariño, detectaron a presenza de toxina en novos polígonos.
De este xeito está prohibido extraer mexillón en toda a ría de Vigo. Hoxe pechaban os últimos polígonos que quedaban abertos que eran os de Redondela.
Tamén pechaba hoxe o único polígono que estaba aberto na ría de Pontevedra, un en Portonovo. Tampouco se pode coller mexillón en Muros e en Sada.
A única ría que non está pechada na súa totalidade é a de Arousa. Alí líbranse da toxina varios polígonos de bateas da Pobra, de Vilagarcía e de Cambados.