Como esta previsto caeu ao chan, este venres ao mediodía, o van do viaduto do Castro que aínda permanecía en pé entre os dous que se derrubaran no mes de xuño pasado na A-6 a altura de Pedrafita.
Cumpriuse a previsión do Ministerio de Transporte (Mitma) e empregando medios mecánicos os restos do viaduto acabaron no fondo do val.
Os traballos de desmontaxe comezaron o pasadomércores e xa se prevía que a operación ía ser delicada e que requiriría de varios días.
Desde os responsables de Estradas explicaran que os traballos se desenvolverían «priorizando a máxima seguridade dos operarios», polo que os medios auxiliares necesarios para desmontar o van situábanse fóra dos viadutos con medios mecánicos operados de forma remota