O coche saíu da estrada e bateu contra un noiro. Despois envorcou e o condutor quedou atrapado no interior. O sistema automatizado de chamada de emerxencia disparou a alarma.
O home, de nacionalidade portuguesa, conducía un coche de gama alta, que quedou envorcado sobre o asfalto. Os bombeiros tiveron que cortar o coche para sacalo de dentro. O home viaxaba co fillo, que puido saír polo seu pé. O accidente produciuse contra as tres e media da madrugada, segundo informa o 112.
A través do micrófono do coche escoitaban unha persoa queixarse e xa puxeron a traballar a Garda Civil, Policía Local de Baiona e os Bombeiros do Porriño. Ao pouco o pasaxeiro que viaxaba no mesmo coche chamou tamén para pedir axuda.
Os servizos sanitarios atenderon no lugar a condutor e levárono ao hospital. O coche quedou completamente desfeito. A zona onde se produciu o accidente coñécese como as curvas de Baredo.
É unha zona perigosa que está limitada a 50 e hai pouca iluminación. O bo estado do firme fai que os condutores se confíen e non teñan en conta a limitación. Os dous ocupantes do vehículo son cidadáns portugueses e posiblemente non coñezan ben este tramo de estrada onde os accidentes son frecuentes debido a excesos de velocidade.
Emerxencias de Galicia 112 foi que deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Porriño e aos de Vigo, ao GES de Val Miñor, á Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Baiona.
Unha vez liberado o home e enviado ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo