Este sábado 6 de agosto terá lugar no Recinto Amurallado de Salvaterra de Miño a 19º edición deste festival de música dance e electrónica.
O espectáculo referente en toda a xeografía galega, e do norte de Portugal, tal e como apunta o Concello de Salvaterra volve este ano logo dun parón de dous anos por mor das restriccións que as autoridades sanitarias decretaban para frear o avance da COVID-19 entre a poboación. A 19º edición ten como protagonistas ao dj Danijay, Mari Ferrari, Jose am, Dj Charlie, Yardel e djjossi.
Este festival reunirá a máis de 10.000 persoas no recinto amurallado de Salvaterra de Miño a partir das 23:00 horas con entrada gratuita. O evento conta cun importante equipo de luz, son e animación. Máis de 66.000 vatios de son e 70.000 de luz que fan do Son da Muralla un «espectáculo único»