sábado, noviembre 16, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño contará cunha nova pista multideportiva

Porriño contará cunha nova pista multideportiva

Instalarase no patio do CEIP Xosé Fernández López pero poderá usala toda a veciñanza

O Concello do Porriño instalará unha nova pista multideporte. Será no patio do CEIP Xosé Fernández López e poderán facer uso da mesma tanto o alumando do centro como o resto de veciños da localidade.
A instalación desta pista, que pretende promover unha vida sa entre o alumnado e fomentar a práctica deportiva, é posible grazas a unha subvención da Xunta de Galicia para a mellora e dotación de infraestruturas lúdico deportivas nos centros escolares para uso conxunto.
Así, o proxecto do Concello do Porriño, cuxo importe ascende a preto de 90.000 euros, financiarase nun 60% con fondos autonómicos e o restante será aportación municipal.
“Trátase dunha pista prefabricada de 30×15 m, un espazo polifuncional no que polo menos se poderán practicar cinco deportes”, explicou o concelleiro de Deportes, Abel Estévez.
Pola súa banda, o alcalde Alejandro Lorenzo apuntou que “o pobo necesita espazos onde os nenos e nenas, e a cidadanía en xeral, poida practicar deporte ao aire libre e este céntrico colexio é unha boa localización, accesible e segura”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS