sábado, noviembre 16, 2024
InicioComarcasLouriña750 peregrinos fixeron parada para durmir no Porriño

750 peregrinos fixeron parada para durmir no Porriño

Os mozos e mozas, que participan na Peregrinación Europea de Jóvenes (PEJ) que reunirá en Compostela a 11.000 persoas de toda Europa a vindeira semana, pasaron a noite no polideportivo municipal, no que durmiron xa 1.254 peregrinos no que vai de verán

Un grupo de 750 mozos madrileños partiron este venres dende Porriño cara Santiago de Compostela tras facer noite no pavillón municipal. O seu obxectivo é chegar a Compostela o próximo martes para participar na Peregrinación Europea de Jóvenes, un encontro no que mocidade de todo o continente europeo peregrina a visitar a tumba do apóstolo. Inicialmente estaba prevista o pasado verán, pero por mor da pandemia e coa ampliación do Ano Santo ao 22 celebrarase este ano a primeira semana de agosto.
A súa chegada á vila do Louro foron recibidos polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros, Abel Estévez e Carolina González, que lles desexaron unha boa estancia no pobo e un bo camiño. O rexedor fíxolles entrega de dúas bolas de Pan do Porriño, “o noso produto gastronómico por referencia, sabendo que cando proben un petisco terán que baixar a por máis ás nosas panaderías e establecementos de hostalería”. Lorenzo destacou a importancia que o Camiño de Santiago está a ter para o municipio como revulsivo económico e dinamizador do comercio e a hostalería local. “No que vai de ano recolleron a Compostela máis de 208.000 persoas, moitas delas tras completar o Camiño Portugués e pasar polo Porriño”, explicou o alcalde. “No pavillón municipal, que se habilita cando chegan grandes grupos a facer noite no pobo, xa pasaron a noite 1.254 peregrinos no que vai de verán e hai xa moitas reservas”.
Isto consolida unha oportunidade para o turismo no municipio, reportando importantes beneficios á economía local nun momento clave para a recuperación tras a pandemia. “Temos moito que ofrecer. Quen nos visita repite e nós estamos encantados de recibir a todo o mundo”, concluíu Lorenzo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS