jueves, noviembre 14, 2024
InicioNewsO PaísRueda pídelle a Sánchez máis efectivos para a Sanidade galega

Rueda pídelle a Sánchez máis efectivos para a Sanidade galega

O presidente de España, Pedro Sánchez, recibiu este xoves pola mañá ao presidente galego, Alfonso Rueda, na Moncloa, logo de meses pedindo o encontro tras a investidura do sustituto de Núñez Feijóo ao fronte da Xunta de Galicia.

 Rueda pediulle no encontro a Sánchez un reparto xusto dos fondos europeos Next Generation sen «discriminación».

Tamén lle pediu máis facultativos MIR cunha convocatoria extraordinaria para conseguir máis efectivos.

O mandatario galego tamén lembrou o compromiso da chegada do AVE a todas as cidades galegas, coa implantación dos trens AVRIL.

Rueda tamén pediu as competencias da xestión do litoral galego para a Xunta e a declaración de zonas catastróficas as rexións de Galicia afectadas polos lumes das últimas semanas para poder recibir axudas do Estado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS