jueves, noviembre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaA marcha mundial das mulleres convoca unha concentración no Porriño este xoves

A marcha mundial das mulleres convoca unha concentración no Porriño este xoves

Un dos principais movementos feministas de Galicia chama á veciñanza a acudir á cita en contra do suceso machista que tivo lugar no municipio da Louriña.

A marcha mundial das mulleres, un dos principais movementos feministas de Galicia, convoca unha concentración este xoves no Pooriño diante do Concello ás 20:00 horas para condenar o secuestro e a agresión sexual que tivo lugar na localidade.

M.F.R de 26 anos de idade retivo a sua exparella durante seis días. A víctima lanzou dúas notas pola fiestra alertando da súa situación e unha veciña puxoo en coñecemento das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Neste senso, a voceira da marcha mundial das mulleres na Louriña, Soraya Domínguez, pon en valor «a acción da comunidade» e  a importancia do apoio entre mulleres. Critica «erros sisteméticos».

Podes escoitar a entrevista competa aquí:

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS