As plataformas cidadás piden unha xuntanza coa Confederación Hidrográfica e coa delegación da Xunta na provincia.
Tea Vivo e CISAC, dúas das plataformas cidadás de Ponteareas, piden este martes no pleno municipal «unidade» a toda a corporación da vila do Corpus para «remar todos a unha co fin de recuperar o río Tea e A Freixa». Un dos seus voceiros, Tino Novoa, explica nos informativos locais e comarcais de Si Radio de Galicia que pedirán reunirse coa Confederación Hidrográfica e tamén coa delegación da Xunta de Galicia na provincia.
Escoita a entrevista completa aquí: