sábado, octubre 19, 2024
InicioComarcasLouriña10 medallas para Mos no Campionato Galego Infantil de Natación

10 medallas para Mos no Campionato Galego Infantil de Natación

O Club Natación Mos sumou na competición un total de 183 puntos, situándose 7º da clasificación por clubs

O salón de sesións do Concello de Mos acolleu a recepción ás 5 nadadoras de categoría infantil do Club Natación Mos polos excelentes resultados obtidos no Campionato Galego disputado a fin de semana do 9 e 10 de xullo.

As homenaxeadas estiveron acompañadas polo seu compañeiro de equipo, o internacional, campión de natación adaptada, Juan Ferrón; pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, José Areal; demais membros da corporación municipal; o coordinador do departamento municipal de deportes en funcións; membros da directiva do Club Natación Mos e familiares.

As nadadoras infantís do Club Natación Mos realizaron un gran Campionato Galego, obtendo un total de 10 medallas:
•Eva Martínez:

  • ouro en 100 Libre.
  • 3 pratas en 100 Espalda, 200 Espalda e 50 Libre.

•Antía Hermida:

  • 2 ouros en 200 Mariposa e 100Mariposa.

•Carolina Pereiro:

  • ouro en 100 Braza.
  • 2 pratas: en 200 Braza e 200 Estilos.

Bronce en 4×100 Estilos (Eva Martínez, Carolina Pereiro Antía Hermida e Noa Salgueiriño): primeira medalla en relevos para o club.

As probas nadadas foron as seguintes:

  • Eva Martínez 50Libre 100Libre 100Espalda 200Espalda e relevos de 4×100 Libre 4×200 Libre e 4x100Estilos
  • Carolina Pereiro 100Braza 200Braza 200Estilos 100Libre e relevos de 4x200Libre e 4x100Estilos
  • Antia Hermida 100Mariposa 200Mariposa 50Libre 100Libre e relevos de 4x100Libre e 4x100Estilos
  • Noa Salgueiriño 200Estilos 200Braza 100Libre e 200Libre e relevos de 4x200Libre 4×100 Libre e 4x100Estilos
  • Ainoa Pardavila 100Libre 200Libre 400Libre e 800 Libre e relevos de 4x100Libre e 4x200Libre

Parte do mérito deste sobresaínte palmarés teno tamén Xouba, seu adestrador. O vindeiro obxectivo é o Campionato de España Infantil en Logroño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS