sábado, octubre 19, 2024
InicioNewsO PaísSantiago terá 2.500 quilos de material pirotécnico polo Apóstolo

Santiago terá 2.500 quilos de material pirotécnico polo Apóstolo

Preto de 2.500 quilos de material pirotécnico serán lanzados ao ceo desde cinco puntos diferentes de Santiago de Compostela nos Fogos do Apóstolo de 2022, que este domingo a partir das 23.00 horas darán o inicio oficial á xornada do 25 de xullo, Día de Galicia.

A encargada do espectáculo será unha empresa valenciana que xa se encargou de facelo en 10 ocasións anteriores.

O lanzamento efectuarase de forma simultánea desde a Alameda, a Cidade da Cultura, o Parque Eugenio Granell, Fontiñas e As Cancelas.

Xa desde o 2020, os fogos desprazáronse da Praza do Obradoiro «onde adoitaba haber un espectáculo de proxeccións sobre Raxoi ou a Catedral» para levalo a varios puntos da cidade.

Este  evento gañou en «espectacularidade» así e permite «cuadriplicar ou quintuplicar» os espectadores.

Agora hai veciños que o poden gozar desde as súas xanelas, antes adoitábanse concentrar no Obradoiro e na Alameda.

Os Fogos do Apóstolo 2022 estarán «sincronizados» nos cinco puntos de lanzamento, de modo que cada un, con 500 quilos de material pirotécnicos «2.500 en total» e 2.000 unidades de disparo, terá «as mesmas fases, cores, impactos, efectos sonoros e efectos lumínicos».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS