sábado, octubre 19, 2024
InicioNewsO PaísA oposición pide a declaración de zona catastrófica e máis axudas

A oposición pide a declaración de zona catastrófica e máis axudas

Os grupos da oposición no Parlamento de Galicia, PSdeG e BNG;  insisten en demandar que se declare zona catastrófica as áreas máis afectadas polos incendios da última semana, en Valdeorras e O Courel, e piden «axudas non limitadas»

A Medio Rural do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, argumentou que, «do mesmo xeito que fixo o Concello do Barco», deberíase activar a declaración de zona catastrófica, «polas axudas e medios que isto leva».

Tamén a portavoz parlamentaria do BNG en materia rural, María Albert, reivindicou que as axudas que este xoves anunciou o presidente da Xunta «son un primeiro paso», pero sinalou que «non poden estar limitadas».

Neste sentido, xustificou que «dá igual que a vivenda custe «120.000 euros ou 150.000», xa que, na súa opinión, «o que hai que garantir é que as axudas non sexan nin un euro menos do valor das vivendas». En todo caso, o BNG instou a todas as administracións a «porse as pilas» para que a veciñanza afectada polos incendios «poida recuperar a normalidade». Por iso, demandou á Deputación de Lugo e á de Ourense que se impliquen coa cidadanía que «están a perder absolutamente todo».

Profesionalización dos servizos de prevención e de extinción.

Ademais, ambos os grupos parlamentarios coincidiron en sinalar «o abandono do rural» como «o principal problema» que fai que estes incendios sexan «tan virulentos» e a súa extinción «moi complicada». Así mesmo, a deputada socialista indicou que o PSdeG «aposta por un servizo único, profesional e equipado». 

Nesto sentido, a nacionalista María Albert demandou un servizo de prevención e defensa que teña «un mando único» e que se atope operativo durante os 365 días do ano para facer fronte a uns incendios «cada vez máis agresivos». «Os incendios apáganse no inverno», recalcou.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS