sábado, octubre 19, 2024
InicioComarcasLouriñaRegresa a cultura urbana para a mocidade en Mos

Regresa a cultura urbana para a mocidade en Mos

Retómase o Festival DEMOSTRA que chega esta fin de semana á súa terceira edición trala pandemia

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Mocidade, Leo Costas, presentaron hoxe no skatepark de San Rafael, en Pereiras, unha nova edición do Festival DEMOSTRA.
O Concello de Mos e a Xunta de Galicia retoman neste 2022 a organización deste festival de cultura urbana unha das súas mellores iniciativas xuvenís.
Será a vindeira fin de semana, os días 23 e 24 de xullo, nas novas instalacións do skatepark de Pereiras, cando se celebre a terceira edición do Festival DEMOSTRA, cuxo cartel expón talleres, competicións e exhibicións das principais disciplinas da arte e o deporte urbano, tales como Skate, Bmx, Scooter, Pumptrack e Grafitis, entre outros.
A música tamén terá un gran protagonismo este ano coa celebración de “Demostra Afterparty”, a noite do sábado, desde as 22.00 ata as 04.00 horas, actuarán os djs locais Samu Pexe, Peblo e Fergwell ou o colectivo de rapeiros vigueses Xesto Feo Ra”.
Desde a organización do festival declaran que, tras un traballo de moitos meses ás súas costas, conseguiron non só a vinculación das principais entidades públicas para mellorar un novo e incrible skatepark, senón tamén o apoio de moitas asociacións e empresas privadas ligadas directamente ao mundo da cultura urbana, como WoodTown, Novalbos, Asoc. Vella Escola Cultura Urbana e Barrier Skate School, como exemplo de melloras constantes para facer da iniciativa, que comezou no ano 2018, un referente na zona sur de Pontevedra.
Así mesmo, a organización anima a todos os fanáticos da cultura urbana a inscribirse nas competicións de Skate, Bmx, Scooter e Pumptrack nas súas dúas categorías (Avanzado e Amateur) a través dun formulario situado nas súas redes sociais oficiais: @festivaldemostra (Instagram e Facebook) ou poñéndose en contacto directo no correo electrónico do Festival DEMOSTRA.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS