viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsO PaísEnce detén a súa produción polo baixo caudal do Lérez

Ence detén a súa produción polo baixo caudal do Lérez

A fábrica de Ence en Pontevedra para temporalmente a súa actividade industrial e sine die debido ao baixo caudal do Lérez.

A Xunta de Galicia advertiu á compañía da situación do río, xa que ten a función de velar polo mantemento das masas de auga e o medio ambiente,

O Lérez, que abastece de auga a Pontevedra e os concellos da súa contorna, está actualmente por baixo do seu caudal ecolóxico. Ante esta situación, o Goberno galego solicitou a Ence que detivese a súa produción, unha solicitude que a empresa cumpriu de forma inmediata.

A fábrica atópase nestes momentos en pleno proceso de parada, algo que segundo a compañía está a executarse «en condicións de total seguridade».

Esta suspensión da actividade de Ence en Pontevedra prolongarase, en cumprimento da normativa vixente, ata que se normalice o caudal do río.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS