viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaDous policías do Porriño salvan a vida dun home que sufriu un...

Dous policías do Porriño salvan a vida dun home que sufriu un paro cardíaco mentres conducía

A patrulla ía equipada cun equipo DESA de primeiros auxilios que permitiu estabilizar a persoa ata que foi atendida polos servizos médicos

Dous axentes da Policía Local do Porriño, Tania González e Luis Mediavilla, salvaron a vida dun varón de 80 anos, veciño tamén da vila da Louriña, que entrou en parada cardiorrespiratoria na tarde do pasado martes.
Aconteceu na céntrica rúa Ramiráns, cando o home circulaba no seu vehículo. Foi unha viandante a que alertou á policía ao ver a unha persoa inconsciente no interior dun coche parado no medio da calzada.
A patrulla, equipada cun equipo DESA, desprazouse ao lugar e en tan só dous minutos estaban a prestar atención ao home. Ao chegar puideron comprobar que non respondía aos estímulos polo que procederon a realizar as manobras de reanimación cardiopulmonar, utilizando o desfibrilador do coche patrulla ata que se estabilizou e foi atendido polos servizos médicos.

Tania Gonzále, axente da Policía Local do Porriño:

Cabe destacar que os vehículos da Policía Local están equipados con equipos DESA de primeiros auxilios.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, recibiu aos axentes para agradecer o seu bo facer e o esencial labor que desempeñan. Un agradecemento que estes recibiron e quixeron facer extensivo aos cidadáns que colaboraron a atender a esta persoa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS