viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaA mosense sobresaínte: graduada con 18 matrículas e unha media de 9,4

A mosense sobresaínte: graduada con 18 matrículas e unha media de 9,4

Trátase de María del Carmen Barros Serodio, unha moza de Tameiga con formación 100% na ensinanza pública.

A moza, recentemente graduada pola Universidade de Vigo ,foi recibida no Concello de Mos pola alcaldesa, Nidia Arévalo; Sara Cebreiro, concelleira de Política Social e Igualdade, Participación Cidadá, Cultura e Turismo e demais membros da corporación municipal, nun acto ao que tamén acudiron os pais da homenaxeada, Carmen Serodio e Antonio Barros.
María del Carmen é unha estudante oriúnda de Mos, parroquia de Tameiga, que fixo a súa formación académica na ensinanza pública. Os primeiros anos da súa educación pasounos no CEIP Pena de Francia, a ESO e o Bacharelato cursounos no IES de Mos e a ensinanza superior na Universidade de Vigo. Nesta última, á que accedeu cunha nota de 13,110 sobre 14, graduouse en xuño deste ano en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, cunha nota media de 9,4488 e 18 matrículas de honra, unha delas no traballo de fin de grao.
Barros tivo ademais o mellor expediente académico de bacharelato do IES Mos do ano 2018 (vixésima promoción) cunha nota media de 9,210.
Co seu tesón, traballo e perseveranza, María del Carmen quere ser exemplo de que calquera persoa, con esforzo e ilusión, pode, independentemente da seu orixe social e dende a ensinanza pública, acadar os maiores logros na súa formación e oportunidades de futuro.
Desde o Concello de Mos quérese dar visibilidade a este caso pola súa importancia, transcendencia e relevancia; para darlle a valía que merece a esta moza, ao tempo que pon en valor a ensinanza pública en xeral, e os centros de ensinanza públicos de Mos en particular, así como animar ás xeracións actuais e futuras a que con esforzo todo se acada

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS