viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsO PaísO Barco de Valdeorras pedirá a catalogación de zona catastrófica

O Barco de Valdeorras pedirá a catalogación de zona catastrófica

O pleno municipal do Barco de Valdeorras aprobou, por unanimidade, activar os pasos para, rematada a vaga de incendios, solicitar a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia civil, antes denominada zona catastrófica.

Igualmente, Carballeda de Valdeorras eRubiá prevén sumarse a esta proposta e remitir conxuntamente as solicitudes para axilizar a tramitación.

Ata agora Galicia contabiliza 22.500 hectáreas calcinadas.
Estes tres concellos están a verse gravemente afectados pola vaga de lumes que se comezou a pasada semana.

A comarca de Valdeorras é, xunto coa do Courel, a que conta con maior extensión calcinada polo de agora.

A estimación provisional da Xunta sitúa a superficie afectada nestes tres municipios en 9.000 hectáreas. O incendio ocupa xa as dúas marxes do río Sil e afecta o Parque Natural Serra da Enciña da Lastra.

A Xunta ten despregados nos concellos máis afectados polo lume 538 brigadistas dos 7.000 dispoñibles.

O incendio de Valdeorras fora estabilizado polos servizos de control e extinción de lumes o pasado domingo, mais as fortes rachas de vento que se deron durante a tarde do mesmo domingo propiciaron a súa reactivación. As lapas desbordan xa a fronteira do noso país con León, onde as autoridades tiveron que desaloxar as poboacións de Salas da Ribeira e San Pedro de Trones, no municipio de Puente de Domingo Flórez.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS