viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaMaría do Ceo presenta en Tameiga o seu concerto deste sábado

María do Ceo presenta en Tameiga o seu concerto deste sábado

A actuación da fadista enmárcase no Día do Socio e é financiada pola Xunta de Galicia

O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, presentou hoxe en Mos, no parque de Costoias, o concerto da fadista María do Ceo que a Xunta de Galicia financia a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, enmarcado na Xuntanza do Día d@ Soci@ da Asociación Cultural San Martín de Tameiga, que se celebrará o vindeiro sábado, 23 de xullo.
Na presentación o Secretario Xeral estivo acompañado pola propia cantante protagonista do concerto, María do Ceo; pola alcaldesa, Nidia Arévalo; a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro; a deputada autonómica mosense e veciña da parroquia de Tameiga, Feli Rodríguez e membros da directiva da A.C. San Martín.

Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística:

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos:

María do Ceo, fadista:

A Asociación Cultural San Martín de Tameiga organiza este encontro moi especial no que o público poderá gozar desde exposicións ata demostracións deportivas e musicais, maxia, teatro, xantar e a actuación estrela da fadista portuguesa María do Ceo.

A partir das 10.30 horas haberá mostras de pintura, coiro, das Palilleiras de Mos e exhibicións de zumba e pandereteiras. A Charanga Os Charamujas porán a nota musical ao longo de toda a mañá.

Ás 14.00 horas celebrarase o xantar veciñal e pola tarde actuará o Mago Marco, ás 17.00 horas, e a continuación, ás 18.00 horas, representación teatral a cargo de QUE2.

A parte máis solemne da xornada chegará ás 19.30 horas coa homenaxe aos presidentes anteriores da Asociación Cultural San Martín de Tameiga.

O broche de ouro chegará ás 21.30 horas co concerto de María do Ceo – A Fadista.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS