viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño clausura o obradoiro de emprego no que se formou unha vintena...

Porriño clausura o obradoiro de emprego no que se formou unha vintena de persoas

Foron nove meses de actividade nos que os vinte alumnos traballadores aprenderon un oficio á vez que acometían importantes melloras no municipio

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, acompañado pola concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, participou no acto de clausura do Obradoiro de Emprego “Porriño Labora” promovido polo Concello do Porriño a través dunha subvención da Xunta de Galicia.
Foron nove meses de actividade nos que os vinte alumnos aprenderon un oficio e acometeron importantes obras de mellora no municipio. O obradoiro, dirixido a persoas desempregadas, organizouse en dúas especialidades: dez alumnos formáronse no de albanelería, fontanería e climatización e outra decena o fixo no de carpintería.
“O emprego é un eixo fundamental da nosa acción de goberno. Seguiremos apostando por mellorar a empregabilidade da veciñanza que se atopa en situación de desemprego e facilitar a súa inserción laboral”, explicou o rexedor. “Este modelo formativo permite que estas persoas se formen e incrementen as súas oportunidades de inserción en sectores con demanda mentres reciben unha remuneración polo seu traballo e, á vez, contribúen ao ben colectivo con obras públicas e accións a través das prácticas”.
No mesmo sentido se expresou a concelleira que destacou “a eficacia deste modelo de formación e a implicación dos alumnos e alumnas no transcurso do mesmo”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS