viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaMorat, cabeza de cartel das festas patronais de Mos

Morat, cabeza de cartel das festas patronais de Mos

A banda colombiana porá o broche de ouro ao San Mamede 2022 o 18 de agosto no campo de fútbol das Baloutas.

Os actos conmemorativos do patrón de Mos, San Mamede, foron presentados hoxe no salón de sesións do Concello, onde estiveron a alcaldesa Nidia Arévalo; Nava Castro, directora da Axencia Turismo de Galicia; Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo; Camilo Grandal, presidente da Comunidade de Montes de Torroso e Kin Martínez, director da produtora Esmerarte.

As entradas para o concerto de Morat, incluído no programa musical do Xacobeo 21-22, teñen un custe de 10 euros e xa están á venda nas plataformas en liña ataquilla.com e esmerarte.com Este concerto será un dos tan só 40 que a banda colombiana dá por todo o mundo na súa xira actual.

A rexedora local detallou a programación das festas do patrón, que se prolongarán desde o día 31 deste mes ata o 18 de agosto, co broche de ouro do concerto de Morat no campo de fútbol das Baloutas, ás 22.00 horas.

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos:

Arévalo explicou que o programa de actos festivos comezará o 31 de xullo ás 10.00 horas cunha andaina medioambiental pola parroquia de Torroso con saída desde o Centro Dotacional de Torroso.

O 6 agosto ás 20.30 horas haberá un Certame de Bandas de Música no Auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Ás 21.30 horas, sardiñada amenizada por SDK de Guláns e sacacorchos de Torroso. E durante todo o día, de 12.00 horas a 20.00 horas, Festa da Auga con inchables acuáticos de balde para a cativada na contorna do Centro Dotacional de Torroso.

O 7 agosto, día de San Mamede, ás 12.00 horas Misa Solemne na Igrexa de San Mamede de Torroso, seguida de concerto da Banda Xuvenil de Torroso. Ás 21.00 horas concerto de Algarabía Folk na contorna do Centro Dotacional de Torroso, que irá seguido, ás 22.00 horas, do concerto de Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre (subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia) na mesma localización. Continuará a música e ás 23.30 horas chegará a verbena coa orquestra Suavecitos.

O 8 agosto ás 12.00 horas oficiarase outra Misa Solemne na Igrexa de San Mamede de Torroso, seguida da actuación do Grupo de Baile e Gaitas Ruada de Torroso. Ás 22.00 horas comezará a verbena coa orquestra América e o grupo Fama.

Kin Martínez, director de Esmerarte, explicou os detalles da venda de entradas do concerto de Morat. Este luns, 18 de xullo, ás 14.00 horas saíron á venda as 3.000 localidades dispoñibles para este concerto, que se poden comprar desde xa mesmo a través de ataquilla.com e esmerarte.com

Kin Martínez, director de Esmerarte:

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, pechou o acto de presentación facendo referencia á “forte aposta do Xacobeo 21.22 pola música en directo e a música no Camiño, de xeito que desde a Axencia Turismo de Galicia e desde a Xunta de Galicia non podiamos senón apoiar ao Concello de Mos no concerto de Morat”.

Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS