viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaNoa Costas, campioa de España infantil de xadrez coa Selección Galega

Noa Costas, campioa de España infantil de xadrez coa Selección Galega

O seu compañeiro no Club Xadrez Mos, Xabi Pérez, logrou un 6º posto en cadetes

O concelleiro de Deportes, José Areal, e o tamén edil mosense, Baldomero Lorenzo, felicitaron esta mañá aos xadrecistas mosenses do Club Xadrez Mos, Noa Costas Senlle (campioa de España) e Xabier Pérez Sousa (6º posto).
O pasado mes de xuño Noa e Xabi participaron en Cantabria no Campionato De España De Seleccións Autonómicas formando parte da Selección Galega.
Os galegos erixíronse Campións de España en categoría Infantil e, con eles, Noa Costas; e lograron un nada desprezable 6° posto en categoría cadete, da que forma parte Xabier Pérez.
Os representantes municipais, Areal e Lorenzo, trasladáronlles aos deportistas que “é todo un orgullo ver como os nosos xadrecistas do Club Xadrez Mos forman parte de la Selección Galega e ademais traendo para Mos tan bos resultados”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS