sábado, octubre 19, 2024
InicioComarcasLouriña168 deportistas disputan o VII Tríatlon Concello do Porriño

168 deportistas disputan o VII Tríatlon Concello do Porriño

O campión do mundo desta modalidade deportiva e padriño da proba, Iván Raña, o piloto local Xacob Agra ou Borja Gómez, ciclista ponteareano con síndrome de Down, entre os inscritos.

168 atletas disputarán mañá sábado, 16 de xullo, a sétima edición do Tríatlon Concello do Porriño, unha cifra que ratifica a capacidade de convocatoria que ten este evento deportivo.

Entre eles, reputados deportistas como o campión do mundo de Tríatlon e padriño da proba, Iván Raña, o piloto local que disputou o París Dakar, Xacob Agra, ou Borja Gómez, ciclista ponteareano con síndrome de Down que comezou a pedalear con seis anos e este sábado competirá en igualdade de condicións cos máis grandes da modalidade.

A proba absoluta dará comezo no porto deportivo de Tui ás 16.30 horas para a categoría masculina e cinco minutos despois para a feminina. Os participantes nadarán no Miño 750 metros e, unha vez saian da auga, dirixiranse ás instalacións da Comandancia Naval do Miño onde estará instalada a primeira transición para coller a bicicleta e saír rumbo ao Porriño. Tras completar os 20,2 quilómetros de percorrido entre ámbalas localidades atoparanse coa última transición na rúa Domingo Bueno, onde cambiarán as rodas polas zapatillas e encararán os 5 quilómetros restantes de circuíto urbano.

Cabe destacar que un operativo de seguridade e tráfico formado por máis de 200 persoas entre voluntarios, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil, encargarase de asegurar que a proba se desenvolva sen incidencias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS