viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaPulo á industria farmacéutica no Porriño

Pulo á industria farmacéutica no Porriño

O alcalde Alejandro Lorenzo visita as instalacións do Grupo Zendal.

O rexedor, acompañado da concelleira de Industria Rosario Costas, destacou a importancia que supón para O Porriño e para toda Galicia o “dispoñer dunhas instalacións fabrís a gran escala de vacinas e outros produtos farmacéuticos de alto valor engadido”. Así o manifestou na súa visita á planta do Grupo Zendal no municipio. O alcalde subliñou o papel “estratéxico” deste proxecto, “non só para a economía local senón para o ecosistema de saúde no marco pos pandemia”.
Lorenzo, que foi recibido polo CEO da compañía, Andrés Fernández, quixo trasladar ao equipo directivo de Zendal o “impulso e apoio” da Alcaldía do Porriño e agradeceu ao grupo galego “o seu fundamental traballo durante a pandemia e a súa traxectoria empresarial nos seus case 30 anos”, pero tamén o seu compromiso co “emprego de calidade que xera valor no noso pobo e na comarca”.
Dende Zendal explicaron ao responsables municipais varios dos eixos do seu plan estratéxico a través do cal se está a facer un importante esforzo inversor para ampliar a súa proxección e capacidade produtiva. Un proxecto que nos últimos meses foi en aumento por medio da adquisición de novas filiais –como laboratorios Ovejero e o 46% de Maymó- e a ampliación e mellora das súas instalacións de fabricación, o que supuxo á vez un aumento do persoal, que actualmente ascende a máis de medio milleiro de persoas

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS