viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaMos contrata o cambio de céspede do Campo de Fútbol das Baloutas

Mos contrata o cambio de céspede do Campo de Fútbol das Baloutas

Os traballos de renovación iniciaranse de xeito inminente.

O equipo de goberno mosense aprobou hoxe en Xunta de Goberno Local a adxudicación da contratación da obra de renovación do céspede artificial do Campo de Fútbol Municipal das Baloutas, da Unión Deportiva Mos; polo que os traballos de substitución poderán iniciarse próximamente.

Para financiar o custe desta mellora, próximo aos 200.000 euros, asinouse un convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o concello de Mos.

A Secretaría Xeral para o Deporte persegue, co mesmo, o obxectivo de apoiar á administración local mosense na mellora das infraestruturas deportivas municipais. Neste sentido é de interese da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a colaboración coas administracións locais para o fomento do deporte no ámbito municipal, xa que as actuacións que se pretenden desenvolver teñen como finalidade a mellora dunha infraestrutura deportiva de uso público.

O campo de fútbol de As Baloutas, é unha instalación municipal referente en canto a volume de utilización por parte da veciñanza. A actuación a acometer é a substitución de céspede artificial do campo de fútbol de As Baloutas. A tal fin a técnico competente, elaborou un proxecto técnico cun orzamento de 188.793,93 €.

A Secretaría Xeral para o Deporte participa neste proxecto co obxectivo de potenciar o deporte base, sendo consciente da importancia da súa colaboración económica cos concellos para afrontar obras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva. A Xunta de Galicia presta así un apoio especialmente necesario neste caso.

Pola súa banda, os representantes municipais, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o edil de Deportes, José Areal, destacaron que “a necesidade da mellora desta infraestrutura deportiva é innegable, por ter sido instalado o céspede actual no ano 2008 e ser As Baloutas un campo de fútbol polo que pasan en tempada entre 500 e 600 deportistas á semana e 1.500 persoas (entre público, pais/nais, familias… etc.) á semana. Non cabe dúbida pois do interese público e da importancia desta actuación, ao tratarnos o Concello de Mos dun municipio que aposta forte polo deporte en xeral e polo deporte base en particular”.

O proxecto técnico do Concello de Mos para a substitución de céspede artificial do campo de fútbol de As Baloutas, é autoría da técnico municipal enxeñeira industrial Raquel González Gómez.

Como se dixo, o importe total das actuacións a realizar ao abeiro do convenio entre Xunta e Concello ascende á cantidade de 188.793,93 €, IVE incluído. A Secretaría Xeral para o Deporte, achegará 100.000,00 €. O Concello de Mos achegará 88.793,93 €.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS