viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasLouriñaAugas do Louro activa o plan de merxencia contra a sequía en...

Augas do Louro activa o plan de merxencia contra a sequía en Mos, Porrito, Tui e Salceda

As medidas tamén afectan aos concellos que se abastecen dende as instalacións do Consorcio, como é o caso de Tomiño, Rosal e A Guarda.

O Consorcio de Augas do Louro activa o Plan de emerxencia contra a sequía nos catro concellos que xestiona, como é o caso de Mos, Porriño, Tui e Salceda de Caselas. Para iso, toma unha serie de medidas que afectan, de igual forma, aos municpios da Guarda, Tomiño e O Rosal. O obxectivo é antiicparse «ante un posible episodio futuro de escasez de auga, así como a toma de conciencia das administracións locais e a cidadanía en xeral sobre a necesidade de facer un consumo responsable», segundo apuntan nun comunicado.

Neste sentido, o Consorcio fai un chamamento para que tanto os municipios como a cidadanía proceden a activar medidas de reducción de consumo como a restrición de regos, evitar o lavado inncesario dos vehículos, limitar a auga que se emprega para encher as piscinas ou reutilizala para diferentes fines, entre outras cuestións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS