sábado, octubre 19, 2024
InicioComarcasLouriñaAs pistas de tenis do Porriño xa contan con vestiarios equipados

As pistas de tenis do Porriño xa contan con vestiarios equipados

A construción destas instalacións requiriu unha inversión de case 50.000 euros.

Os tenistas do Club Tenis Porriño e todas aquelas persoas que fan uso das pistas municipais de tenis dispoñen xa de vestiarios totalmente equipados. Ata o de agora, os usuarios destas instalacións carecían dun lugar apropiado para cambiarse e asearse tras a práctica deportiva e tiñan que desprazarse ao polideportivo municipal.
“Os vestiarios están xa están abertos e ambos contan con aseo adaptado independente, e tamén está en uso xa o almacén que se dispuxo nas mesmas instalacións”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, que reiterou que “esta era unha obra tan reclamada polos usuarios como necesaria” e insistiu en que “o mantemento e acondicionamento das instalacións deportivas ocupa un lugar destacado na nosa axenda , non só para deportes maioritarios senón para todas as disciplinas”.
O rexedor estivo acompañado polo secretario xeral para ao Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa; o xefe provincial de Deportes, Daniel Benavides; o concelleiro de Deportes, Abel Estévez e o presidente do Club Tenis Porriño, Agustín Doval, na visita as novas instalacións.
Para acometer estas obras, cuxo importe ascendeu a 48.389,49 euros, o Concello do Porriño asinou un convenio de cooperación coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en virtude do cal, o ente autonómico aportou preto de 40.000 euros e o restante foi asumido polo Concello con fondos propios

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS