sábado, enero 11, 2025
InicioComarcasLouriñaMos prepara aos seus escolares para o Certificado Trinity

Mos prepara aos seus escolares para o Certificado Trinity

A administración local inviste preto de 27.000 euros nun programa educativo de inglés que se imparte o vindeiro curso. O custe por alumno ascende a uns 315 euros

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a concelleira de Educación, Julia Loureiro e representantes das directivas dalgunhas das ANPAs dos cinco colexios públicos mosenses: CEIPs Atín-Cela, Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Mestre Valverde Mayo de Sanguiñeda, Pena de Francia e Petelos, presentaron esta mañá no Concello o Programa Municipal de Inglés curso 2022-2023 que se promove desde a administración local.
O programa impartirase durante o vindeiro curso escolar, de setembro a maio, dentro das actividades extraescolares organizadas polas ANPAs que se realizan nos centros educativos. As clases terán lugar en horario de tarde, de luns a venres, un día en cada un dos cinco colexios. O curso finánciao ao 100% o Concello de Mos investindo un orzamento total de preto de 27.000 euros asumindo o custe total dos profesores, polo que as familias beneficiarias aforraranse por cada neno/a participante sobre 315 euros no curso escolar.
Durante o curso prepararase ao alumnado participante para a obtención do Certificado Trinity. Os exames Trinity son probas que outorgan títulos oficiais de inglés recoñecidos mundialmente mediante o Trinity College London.
O programa estruturarase dividindo ao alumnado en 3 ciclos: o primeiro ciclo agrupará aos cursos de 1º e 2º de Primaria, o segundo ciclo a 3º e 4º e o terceiro ciclo a 5º e 6º.
Tanto as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, como as membros das ANPAs mosenses destacaron hoxe durante a presentación “a importancia que o inglés ten para o futuro académico e laboral dos nosos nenos e mozos, é unha das claves para o éxito profesional e fundamental para desenvolverse en países do estranxeiro. É una ferramenta imprescindible para eles, da que queremos dotalos para que o futuro de Mos estea o mellor preparado posible”, declararon.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS