Este ano xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”, a emocionante viaxe da auga dende a natureza ata a túa casa.
A EDAR de Guillarei, en Tui, acolleu este xoves a entrega dos premios da quinta edición do concurso de debuxo infantil impulsado polo Consorcio de Augas do Louro con motivo do Día Mundial da Auga, que desta vez xirou baixo o lema “AQUAL E ODS6, NO NOVO RETO AQUA-OLÍMPICO”. No mesmo participaron escolares de 3º e 4º de Primaria dos catro concellos consorciados: Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas.
O presidente do Consorcio de Augas do Louro e alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo; de Mos, a alcaldesa, Nidia Arévalo, e o tenente de alcalde, Camilo Augusto; a rexedora de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e a concelleira de Tui, Ana María Núñez fixeron entrega aos gañadores dos agasallos, consistentes nunha tablet para os que lograron o primeiro posto en cada concello e un smartwatch para os segundos e terceiros.
Os premiados este ano foron:
MOS
- Óscar Ucha – CEIP Atín Cela
- Juan José González – CEIP Atín Cela
- Isaac Nunes – CEIP Petelos
O PORRIÑO
- Grecia Valentina Álvarez – CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga
- Alma Fernández – CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga
- Irene Fernández CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga
SALCEDA DE CASELAS
- Martín Díaz – CEIP Altamira
- Juan Zamora – CEIP Altamira
- Bruno Rocha – CEIP Altamira
TUI
- Evelyn Montero – CEIP Nº 2
- Noa Fernández – CEIP Nº2
- Hugo Álvarez – CEIP Pazos de Reis