Será na tarde do xoves 30 de xuño con tobogán de auga, espuma e animación dj.
Esta semana chegan as vacacións escolares e o Concello do Porriño quere celebralo cunha festa do máis divertido da que poderán desfrutar todos os nenos e nenas do Porriño.
O vindeiro xoves, 30 de xuño, a praza Arquitecto Antonio Palacios será escenario dunha tarde de reencontros e xogos coa que despedir xuntos o curso. A partir das 17.00 horas un DJ animará o evento no que haberá un gran tobogán de auga e festa da escuma