Un home foi detido este venres pola mañá tras intentar atracar unha sucursal bancaria no concello de Oia e tentar fuxir da Guardia Civil.
Aconteceu a primeira hora da mañá deste venres. Un home encapuchado e supostamente armado cunha pistola tentou entrar na entidade coa intención de atracala.
Varios clientes que agardaban na porta decatáronse da súa intención e conseguiron avisar a Garda Civil. Este puido ser o motivo polo que o home se arrepentiu e decidiu fuxir. Fíxoo nun coche en dirección á Guarda, pero os axentes despregados nun dispositivo da Garda Civil interceptárono a un quilómetro de distancia da sucursal bancaria.
O home quedou detido por intento de atraco. Os axentes procederon ao rexistro do seu vehículo e investigan se levaba unha arma real ou de simulación.