sábado, abril 26, 2025
InicioNewsActualidadeLamprea, tortilla e música para a última fin de semana de abril...

Lamprea, tortilla e música para a última fin de semana de abril nas comarcas

Coa chegada do bo tempo, as comarcas do Condado, Paradanta, Louriña, Baixo Miño e Val Miñor énchense de plans e actividades, tanto ao aire libre como en interior.

A continuación, unha recompilación de plans e actividades que se poden realizar esta fin de semana nas comarcas do Sur de Pontevedra.

Venres 25 de abril

Arbo dá o pistoletazo de saída á LXV Festa da Lamprea este venres coa inauguración de Arbo Mostra ás 17:30h.

A continuación, unha fin de semana chea de música, gastronomía e cultura.

Tui continúa durante toda a fin de semana a programación das festas de San Telmo.

Verbena, xuntanza cabalar e gastronomía para por fin a esta edición do 2025.

O Concello do Porriño organiza a «Porriño Fashion Weekend«, unha fin de semana adicada á moda e ao comercio local.

A shopping night dará comezo a noite do venres, onde os locais permanecerán abertos de 21h a 00:00h.

Salvaterra de Miño acollerá a xornada da Memoría Histórica coa proxección do vídeo «A fosa de cabreira».

O acto dará comezo ás 19:00h no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño.

O grupo David Guerrero SL fará vibrar o Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas coa súa actuación de jazz.

A función dará comezo ás 20:30h e a entrada é de balde.

A parroquia de San Xurxo, en Salceda de Caselas, celebrará a III Festa Furancheira que dará comezo este venres.

Tamén na parroquia de San Xurxo darán comezo as festas na honra a San Xurxo Cabaleiro.

Salceda de Caselas acollerá na tarde do venres a IV Feiriña do Libro con actividades para todas as idades dende ás 17:00h ata 21:00h.

As actividades serán realizadas na Praza do Concello.

Mondariz Balenario celebra o Día da Liberdade cunha actuación musical e unha proxección na Sala da Cultura ás 19:00h.

Sábado 26 de abril

Covelo acolle o XVII Ciclo de Música Relixiosa cunha serie de concertos.

O evento dará comezo ás 20:00h.

O C.S O Matadoiro, de Salceda de Caselas acollerá a representación da obra «Facemos o que nos sae da impro» – Improconas do grupo «As Masturbadas».

A representación dará comezo ás 21:00h.

A Sala da Cultura de Mondariz Balneario acollerá a proxección do documetal «A Loita Final» que versa sobre a empresa de celulosa Altri.

O evento dará comezo ás 19:00h.

Tamén en Mondariz Balneario, terá lugar un mercado artesanal no que actuará a cantante Dani Costas.

O mercado realizarase en horario de 10:00h a 15:00h.

Tomiño acolle dous concertos esta fin de semana no Auditorio Municipal de Goián.

O sábado, actuará o grupo Querido e o domingo será a quenda de Uxía Lambona.

O Rosal desfrutara este sábado da III Feira do Libro de Segunda Man.

O evento comezará ás 11:30h e o peche será ás 20:30h.

No Centro Cultural de A Guarda terá lugar a representación da comedia de teatro «Onde Andará?» do grupo As Dez Patas do Banco.

A entrada é de balde e a función dará comezo ás 20:00h.

O grupo Sumrrá actuará no Auditorio Municipal de Nigrán ás 20:30h.

A entrada é de balde ata completar aforo.

A biblioteca de As Neves organiza un obradoiro infantil con motivo do Día do Libro impartido por Aida Alonso.

É preciso inscrición previa.

O grupo Exeria ofrecerá un concerto en acústico no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas.

O concerto dará comezo ás 19:30h.

Domingo 27 de abril

O Auditorio Municipal de Mondariz acollerá a representación da obra teatral «Mondariz evoca as memorias do Sobroso».

A función dará comezo ás 20:00h.

A obra «Te amaré hasta que te odie» será representada no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas.

A entrada é de balde e está recomendara a maiores de 16 anos.

A parroquia de Ribadetea, en Ponteareas, acollerá a XIX Festa da Tortilla.

O evento dará comezo ás 10:00h.

En Nigrán, dará comezo a primeira xornada de #Vermúdebarrio.

Ás 12:30h na Praia de Patos co grupo Blue Monk.

Ponteareas acollerá a representación da obra teatral Hamelin.

A función dará comezo ás 19:00h no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS