martes, abril 22, 2025
InicioNewsActualidadeAna Pastor, pregoeira da Festa da Lamprea de Arbo

Ana Pastor, pregoeira da Festa da Lamprea de Arbo

Ana Pastor será a encargada de pregonar a Festa da Lamprea de Arbo o vindeiro sábado 26 de abril. O pregón terá lugar ás 13:00h dende o balcón da Casa Consistorial.

Ana Pastor Julián é licenciada en Menciña e Ciruxía pola Universidade de Salamanca e especialista en Menciña familiar e comunitaria. Funcionaria de Carrreira do Corpo Superior de Saúde Pública e Administración Sanitaria, Máster en Saúde Pública e Administración Sanitaria e MBA en dirección de Empresas con especialidade en Recursos Humanos.

A súa carreira profesional comezou no sector sanitario, onde desempeñou diversos cargos na administración da saúde en Galicia. No ámbito político, tamén ocupou o posto de Ministra de Sanidade e Consumo, Ministra de Fomento e Presidenta do Congreso dos Deputados.

Así mesmo, ao longo da súa carreira tamén foi recoñecida con diversas distincións a nivel nacional, incluíndo a Gran Cruz da Orde de Carlos III e a Gran Cruz da Orde de Mérito Civil.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, destacou que «Ana Pastor sempre foi unha persoa cercana e comprometida con Arbo e os arbenses» e afirmou que «durante todos os seus anos en política foi unha gran embaixadora da Lamprea, Arbo e a Festa da Lamprea, á cal asistía reiteradamente».

Ana Pastor, ha sido siempre una persona muy cercana y comprometida con
Arbo y los arbenses, durante todos sus años en política fue una gran
embajadora de la Lamprea, Arbo y la Fiesta de la Lamprea, a la cual asistía
todos los años.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS