Trece citas en trece concellos, convertidos todos eles en epicentro da actividade lectora entre os meses de abril e agosto de 2025. Así é o calendario de Feiras do Libro de Galicia que presentaban a Federación de Librarías de Galicia e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Cando comeza?
Cun acto enmarcado na Cidade da Cultura, como símbolo do bulir cultural do que o ecosistema literario é parte, ambas entidades desgranaron o convenio que permitirá este ano desenvolver estas trece citas literarias, arrancando o vindeiro venres 25 de abril no concello de Ferrol, como ven sendo xa tradición.
O acto, presidido polo Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, D. Anxo Lorenzo, contou coa presencia de Óscar Porral, Vicepresidente da Federación de Librarías de Galicia e Patricia Porto, Contadora da entidade, fixo fincapé na importancia de apoiar ao sector literario en Galicia, dende escritores a editoriais pasando, por suposto, por librarías, o espazo onde os lectores acuden para nutrirse de novas propostas lectoras.
13 concellos
Así, entre abril y agosto deste ano trece concellos galegos transformarán as súas rúas, prazas e espazos de lecer en espazos literarios, sacando as librarías á rúa e programando contacontos, presentacións, charlas, mesas redondas e todo tipo de actividades para achegar a lectura a todos os veciños e veciñas.
Calendario completo
