lunes, abril 21, 2025
InicioNewsActualidadeA tortilla será a gran protagonista desta fin de semana en Ribadetea,...

A tortilla será a gran protagonista desta fin de semana en Ribadetea, en Ponteareas

A parroquia pontareá de Ribadetea celebrará o vindeiro domingo 27 de maio a XIX edición da Festa da Tortilla, unha festa gastronómica onde a gran protagonista é a tortilla de patacas.

A festa dará comezo ás 10:30h, coa recollida das tortillas que participarán no concurso ata ás 13:00h. Nese mesmo momento, comezará a entrega de premios e de seguido a degustación animada polo grupo de gaitas Naiama. A tarde estará amenizada polo grupo PesnaRua Folk.

Os premios serán de 200 euros para a tortilla gañadora, 100 euros para a segunda e 50 euros para a terceira clasificada. Tamén haberá premio para a «máis desconsolada«.

A festa está organizada pola Asociación Veciñal de Ribadetea en colaboración coa Comunidade de Montes de Ribadetea, Concello de Ponteareas e Deputación de Pontevedra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS