O Concello de Ponteareas informa que pon en mans da Policía Local e da Garda Civil localizar á persoa que reiteradamente prexudica os xardíns municipais.
O concelleiro de Xardíns, Domingo Freitas, explica que, unha vez máis «alguén, corta a tubaxe que rega os xardíns públicos» e que “unha acción que prexudica a toda a cidadanía porque son cartos públicos, porque embelecer a vila é bo para todas as persoas e para todos os negocios locais”.
Apoio da cidadanía
Domingo Freitas trasladou ao concelleiro de Seguridade, Juan Carlos González, a súa preocupación e serán ás forzas de seguridade os que investiguen ata dar coa persoa responsable. O Concello solicita o apoio da cidadanía en aportar información veráz á Policía e Garda Civil “e así axilizar e rematar dunha vez con esta situación que ademais é un mal exemplo para a xuventude”.
O edil Domingo Freitas explica que «non se poden consentir estas actitudes que aínda que estes días se producen na rúa Trovador Xoán García de Guillade outras veces acontece nas prazas ou parques infantís»