O diretor da formación da Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos vén de anunciar a composición dunha partitura adicada á Cañiza. A formación anunciou durante unha actuación o pasado verán no municipio cañicense que, tras actuar dous veráns seguidos na vila e a modo de agradecemento, «adicarían unha nova composición á Cañiza se a Banda volvía a actuar na localidade».
Así, o Concello da Cañiza vén de anunciar que a Banda de Gaitas de San Xoán de Paramos actuará na Praza Maior da Cañiza o vindeiro 9 de agosto ás 23:00h, no marco da programación cultural do verán.
Neste sentido, o director da Banda de Gaitas de San Xoán, xunto co mestre de percusión e o asesor musical, anunciaron tamén que neste concerto de agosto presentarán a partitura adicada á Cañiza. Unha peza orixinal, instrumental e sen letra.
Pola súa banda, o alcalde da Cañiza, Luís Piña, quixo agradecer en nome de todos os cañicenses «á banda por este agasallo único que entraría a formar parte do legado e patrimonio musical e cultural do noso municipio».