Un vehículo estacionado no aparcamento do Supermercado Froiz de Salvaterra de Miño, situado no número 18 da Rúa Miño, ardeu por completo na tarde do martes 8 de abril.
O 112 recibiu unha chamada dun particular alertando de que un coche estaba ardendo no aparcamento exterior do supermercado e que estaba rodeado doutros vehículos. Do mesmo xeito, informou que o lume estaba intentando ser sofocado con extintores.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Ponteareas, os Bombeiros do Porriño e a Garda Civil.
Tal e como indicou o 112, finalmente o coche ardeu por completo, así como o toldo do supermercado. Ademais, o vehículo que estaba aparcado á beira sufriu danos na pintura do lateral. Non houbo que lamentar danos persoais.
Segundo puido coñecer Si Radio, o coche tratábase dun vehículo de combustión.