O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, descarta que a carencia de médicos en Galicia se deba a unha falla de investimento en Sanidade e achácao ás deficiencias do sistema de acceso dos MIR.
Alfonso Rueda:
«Dificultade para atopar rercursos humanos, especialmente na atención primaria» e «avisamos dos inconvintes que ía ter o sistema de elección telemática das prazas» apuntou Rueda.
O presidente galego compareceu en rolda de prensa tras o Consello da Xunta, o primeiro que presi como titular do Goberno galego e presidente do PPdeG, e fixo un chamamento ao Goberno central a reformar o sistema actual de acceso dos MIR ás prazas ofertadas.