lunes, abril 7, 2025
InicioNewsActualidadeSatélites, Cuarta Calle e Combo Dominicano entre as orquestas que protagonizan a...

Satélites, Cuarta Calle e Combo Dominicano entre as orquestas que protagonizan a LXV Festa da Lamprea

Arbo vén de presentar a súa programación para a LXV Festa da Lamprea que terá lugar os días 25, 26 e 27 de abril coa confirmación da actuación das orquestras Satélites, Cuarta Calle, Gran Parada, New York, Charleston Bug Band e El Combo Dominicano.

Ademais, a Festa da Lamprea tamén contará con outras actividades e propostas que o goberno local ten preparado para celebrar os días grandes das festas da vila.

«A festa da lamprea é sen dúbida a alma do noso municipio», asegura o alcalde de Arbo, Horacio Gil. «Son días nos que nos reencontramos, compartimos alegría e reforzamos os lazos que nos unen«.

Así, a programación musical estará amenizada por seis actuacións das orquestas New York e Satelites o venres, Cuarta Calle e Gran Parada o sábado e Charleston Big Band e Combo Dominicano o domingo.

As Charangas Noroeste, Cantos Somos e Encerellados, serán as encargadas de dar ambiente e sonido ás rúas de Arbo durante os tres días. A Banda de Música de Arbo e a A.C Barca de Loimil porán o sábado o seu toque de arraigo e cultura propia de Arbo e as súas actuacións

A Banda de Valladares, Mel de Meiga, a Xaiba ou Pepe Piña serán outros dos grupos e cantautores que formarán parte da programación destes tres días.

A maiores, a tradicional Gala da Lamprea, celebrarase o vindeiro 20 de abril no Auditorio Municipal e o 22 de abril, ás 11:30h, terá lugar a presentación do Vídeo Oficial do Ciclo da Lamprea no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo.

Por último, na Arbomostra, situada na Praza do Mercado, será posible degustar a lamprea e o viño das bodegas con D.O. Rías Baixas así como visitar os postos de venda de artesanía e gastronomía.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS