sábado, enero 11, 2025
InicioComarcasLouriñaFase final da contratación da mellora da Estrada da Vía en Mos

Fase final da contratación da mellora da Estrada da Vía en Mos

A adxudicación é inminente e a obra comezará en breve.

O Concello de Mos mantén o seu compromiso anual de desenvolver un Plan de Mellora de Camiños Municipais en aras de optimizar a seguridade vial no viario local.
O Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, é por elo que se promoven, para este ano 2022, 17 novos asfaltados no termo municipal, que suman un total de 9 quilómetros de extensión.
Entre eles atópase a mellora da Estrada da Vía, que se atopa en procedemento de contratación, e que mañá se levará a Xunta de Goberno Local para o trámite previo á adxudicación do contrato á empresa concesionara. Polo que proximamente iniciarase a obra de mellora da Estrada da Vía na súa lonxitude total de 3,5 quilómetros que transcorren polas parroquias de Tameiga, Dornelas e Torroso. Obra que se financiará con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cun importe de 354.928,61 euros.
A actuación abarca unha lonxitude total de 3.522,00 metros, con varios anchos e supón as seguintes actuacións: actuacións previas, estruturas, execución de firmes e pavimentos, sinalización, balizamento e defensas, e reposicións.
As actuacións previas inclúen limpeza e desbroce dos bordes do vial, e limpeza de cunetas e noiros.
Respecto dos firmes e pavimentos a rehabilitación será mediante regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 centímetro de asfalto. Nalgún tramo intermedio da estrada da Vía, debido a que conta cun ancho inferior a 7,00 metros e debido ao alto tráfico que soporta, proponse á ampliación da plataforma dentro dos límites das aliñacións do planeamento vixente, para mellora o trazado e posibilitar o cruce de grandes vehículos con maior seguridade.
O recrecido, consistirá na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 centímetros de espesor, con áridos de desgaste estendida e compactada.
Previa a extensión de dita capa, realizarase unha limpeza e barrido da superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica.
Asemade, será necesario o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos. Repintado de sinalización horizontal existente, pasos de cebra, e sendas peonís existentes.
Respecto ás estruturas proxéctase ampliar o ancho do vial nun tramo de 80,00 metros de lonxitude. Debido a isto é preciso executar un muro de contención de 10,00 metros e 1,70 metros de altura, para a contención de terras. Proxéctase unha cimentación directa, por apoio sobre o terreo da base do muro. Para a contención proxéctase un muro de gravidade, formado por escollera e/ou pezas de pedra de dimensións adecuadas. Con carácter previo á execución do muro refinarase a escavación ata deixar superficies regulares.
Esta mellora tamén inclúe obras adicionais necesarias para realizar actuacións que non estean englobadas na pavimentación pero que son imprescindibles para que a obra quede perfectamente rematada e garantir totalmente a seguridade viaria. Como obras adicionais consideranse, entre outras o arranxo de beiravías e cunetas. Un exemplo da realización de obras adicionais e a que se pretende realizar de realización de canaletas de formigón, que protexerán a zona asfaltada de filtracións de auga e de vexetación. Asemade procederase á limpeza e substitución das táxeas existentes, para mellorar a evacuación das cunetas e dos regadíos existentes.
Por último dotarase con sinais de prohibición e obriga co fin de facilitar as incorporacións ás interseccións.
A programación dos traballos da pavimentación estima un prazo aproximado para as obras de dous meses

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS